RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor dosifica os esforzos do cadro nunha semana con pouco tempo de recuperación

O primeiro cadro deportivista, hoxe cos canteiráns Mujaid, Álex Cobo e Boian, dosifica esforzos de cara ao choque deste venres en ABANCA-RIAZOR ante o Girona FC (21:00 horas, Gol).

Fernando Vázquez tivo practicamente a todos os seus xogadores sobre o céspede na primeira das 3 sesións de traballo que dispón para preparar o partido ante un dos grandes de LaLiga SmartBank, o conxunto xerundense. Tan só Dani Giménez e Claudio Beauvue realizaron un adestramento específico.

A pesar diso, o adestrador branquiazul, con pouco tempo de recuperación, dosifica as forzas dos seus. A proximidade do encontro en Alcorcón (domingo 9) e Girona (venres 14) obriga a coidar moito estes poucos días o aspecto físico co fin de evitar risco de lesións.

Así, os titulares o pasado domingo en Alcorcón completaron unicamente a primeira parte do adestramento desta mañá, con quecemento, xogos, rondos e traballo táctico. A continuación, retiráronse ao ximnasio da Cidade Deportiva.

O resto do grupo continuou cun circuíto con finalizacións no campo 2, dirixido polo preparador físico Manuel Pombo.

Mañá mércores, o Deportivo adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.