RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara o partido de Mallorca con 20 futbolistas

Ao terminar o adestramento desta mañá, Natxo González citou a 20 futbolistas para visitar ao Real Mallorca, este sábado 12 de xaneiro en Son Moix (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 21ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Queda na Coruña de maneira forzosa Pedro Sánchez, o único tocado no cadro branquiazul a día de hoxe.

Na sesión de hoxe en Abegondo, tamén co fabrilista Álex Cobo, Natxo González deu os últimos retoques tácticos de cara ao encontro, ademais dun ensaio final das accións a balón parado.

O traballo sobre o céspede arrancou con fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Os convocados viaxan mañá venres pola mañá, segundo este plan de viaxe:

Venres 11 de xaneiro
12:15: Saída do voo de Santiago con destino Palma de Mallorca
14:05: Chegada aproximada a Palma de Mallorca e aloxamento no hotel Inside Palma Bosque
18:00 (pendente de confirmación): Adestramento na Cidade Deportiva do Real Mallorca

Sábado 12 de xaneiro
20:30: Real Mallorca - Deportivo, en Son Moix

Domingo 13 de xaneiro
9:25: Saída do voo de Palma de Mallorca con destino Madrid-Barajas
11:40: Saída do voo de Madrid-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña
13:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña
14:00 (hora aproximada): Adestramento en Abegondo