RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ensaia o plan de ataque para derrotar ao Elche

Natxo González fixo especial fincapé esta mañá, no adestramento diario en Abegondo, en aspectos ofensivos co obxectivo de derrotar ao Elche CF este venres 12 de outubro en ABANCA-RIAZOR (Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 9ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Após pasar pola sala de vídeo e realizar un traballo de forza preventivo xa sobre o céspede, os futbolistas branquiazuis afinaron a puntaría nun circuíto físico con remates, realizaron un exercicio táctico de movementos ofensivos e, para concluír, repasaron accións a balón parado, fundamentalmente saques de esquina a favor e saques de banda en contra.

Mañá xoves, o cadro adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.