RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ensaiou a estratexia a porta pechada en ABANCA-RIAZOR

O Deportivo fixo un repaso ás accións de estratexia no Estadio ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada.

Para iso, e con Diego Rolan á marxe, Anquela dividiu ao seu cadro en dous grupos. Após un quecemento, os técnicos dispuxeron unha tarefa de movementos tácticos e, para concluír, ensaio de xogadas a balón parado, baixo a supervisión de Alejandro Esteve.

Os fabrilistas Mujaid, Gandoy, David Sánchez, Javi Sánchez e Martí Vilà traballaron hoxe co primeiro equipo.

Mañá sábado, os convocados adestraranse ás 19:00 horas no campo IES Pirámide en Huesca.

Todo o equipo está citado para adestrar o luns 26 de agosto nada máis regresar de Huesca, sobre as 8:00 horas en Abegondo.