RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor estrea os adestramentos en dous grupos cunha calorosa xornada en dobre sesión

O Deportivo estreou un paso máis da Fase 3 do protocolo de volta á competición establecido por LaLiga.

Fernando Vázquez xa ten aos seus xogadores unicamente divididos en 2 grupos de 14, despois de estar varias semanas con tarefas individuais e logo en 3 grupos de até un máximo de 10.

Mujaid e Bóveda, que se recuperan das súas lesións, quedaron fóra destes 2 grupos, que arrincaron hoxe con dobre quenda: 09:30 e 11:00 pola mañá; e 18:00 e 19:00 pola tarde.

Pola mañá, após core e un circuíto de forza con finalizacións no campo 3, Fernando Vázquez realizou tarefas técnicas (rondos e un partido a metade de campo) no campo 2.

Pola tarde, despois doutro circuíto físico supervisado por Manuel Pombo e Fran Molano, Fernando Vázquez dirixiu unha serie de exercicios técnicos. Todo iso por espazo de hora e cuarto.

Mañá mércores, a sesión será só matinal: 09:30 e 11:00 horas.