RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine volve á actividade o vindeiro sábado cun amigable ante o Asperga FC

Despois da súa participación como anfitrión da 2ª fase de LaLiga Genuine 2023-24, o Dépor Genuine retomará a actividade cun encontro amigable de fútbol sala o vindeiro sábado 13 de abril, na cancha do colexio San Francisco Javier co Asperga FC como rival.

O partido fronte ao equipo da Asociación Galega de Asperger terá lugar no polideportivo do centro escolar da Cubela a partir das 13:00 horas.