RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor golea ao Espanyol e volve pisar a zona alta (3-0)

  O RC Deportivo logró ante o Espanyol a súa primeira vitoria en Riazor da tempada, mostrando de novo os seus mellores armas, con goles a balón parado e ao contragolpe, e sumando tres puntos que lle catapultan a unha posición

Aínda que Marco Asensio realizou o primeiro disparo a porta, de lonxe e que Lux atrapou sen problemas, no minuto 7, o Dépor non tardou en facerse co mando do partido. Dous minutos máis tarde respondeu cun bo pase en profundidade de Luís Alberto a Lucas, que rematou tirándose ao chan, lixeiramente cruzado. 
 
No seu segundo achegamento, nunha falta a metade de campo rival, chegou o primeiro gol deportivista. Fayçal colgou o esférico e o central españolista Álvaro, ao bordo da área pequena e con varios deportivistas en situación clara de remate, peiteouno cara á súa propia portaría, despistando por completo ao seu compañeiro Pau López.
 
No minuto 19, unha boa incursión pola dereita de Lucas, que non logrou acomodarse o balón para disparar, acabou nos pés de Luís Alberto, que si conseguiu unha boa posición para probar o lanzamento, que se escapou por moi pouco á esquerda da meta visitante.
 
O cadro barcelonés creou a súa mellor acción de ataque de todo o partido no minuto 23, nunha triangulación polo extremo dereito. O disparo final ao primeiro toque de Marco Asensio, mordido, atallouno Lux con facilidade. Non tardou en chegar o segundo tanto coruñés. Lucas anticipouse a Enzo Roco nun balón longo, abriu a pelota ao extremo esquerdo para Luís Alberto, o herculino desmarcouse ás costas de Álvaro, o gaditano púxolla ao oco e o ‘7' deportivista, cun disparo raso e cruzado, superou a resistencia do cérbero españolista.
 
Con esa folgada vantaxe no marcador, o Dépor cedeu algo de terreo. No últimos cinco minutos do primeiro período, o Espanyol achegouse en varias ocasións, forzando varios saques de esquina e mesmo estrelando un disparo na madeira, por mediación de Pape Diop.
 
A segunda metade comezou da mellor maneira posible. Despois dun primeiro disparo afastado de Fayçal, Borges arrincou con forza pola dereita do ataque coruñés, plantouse na área con vantaxe e cedeu cara ao punto de penalti para que Lucas Pérez anotase a pracer o terceiro tanto deportivista.
 
O gol que sentenciaba definitivamente o encontro deu paso a un carrusel de cambios. O exdeportivista e técnico do Espanyol Sergio González esgotou o seu tres substitucións nos primeiros minutos do segundo período, nun intento desesperado por pór orde nas súas filas. Víctor optou por conceder descanso a tres dos xogadores que máis minutos disputaran ata onte, Fernando Navarro, Pedro Mosquera e Lucas Pérez.
 
E a pesar de todo, seguiu mandando o Dépor. Os coruñeses puideron ampliar o resultado no minuto 63, cando Oriol Rise dispuxo dunha dobre oportunidade na área visitante. O seu segundo remate, un potente derechazo ante a saída de Pau López, acabou estrelándose no traveseiro.
 
A expulsión de Pape Diop fixo baixar definitivamente os brazos ao Espanyol e o Deportivo tampouco quixo facer máis sangue. Con todo, nas postrimerías do encontro, Fede Cartabia, nun libre directo, e Oriol Rise, cun disparo cruzado, estiveron a piques de facer o cuarto tanto mentres Riazor celebraba o triunfo facendo a onda.
 
RC Deportivo: Lux, Juanfran, Lopo, Sidnei, Navarro (Laure, min. 55), Luís Alberto, Borges, Mosquera (Álex Bergantiños, min. 61), Fayçal, Lucas (Fede Cartabia, min. 67) e Oriol Rise.
 
Espanyol: Pau López, Róber Correa, Álvaro, Enzo Roco, Rubén Duarte, Marco Asensio, Víctor Sánchez (Mamadou, min. 56), Pape Diop, Víctor Álvarez (Burgui, min. 54), Gerard e Caicedo (Hernán Pérez, min. 46).
 
Goles: 1-0 Álvaro, en propia meta (min. 13); 2-0 Lucas (min. 26); 3-0 Lucas (min. 46).
 
Árbitro: Sánchez Martínez (C. Murciano). Amoestou a Marco Asensio (min. 12), Lopo (min. 24), Lucas (min. 24), Pape Diop (min. 32 e min.78, polo que foi expulsado), Laure (min. 63), Enzo Roco (min. 72), Álex Bergantiños (min. 75) e Rubén Duarte (min. 77).
 
Incidencias: partido da 6ª xornada da liga BBVA disputado en Riazor ante 21.753 espectadores. Na foto do equipo previa ao partido desvelouse a imaxe do novo patrocinador do RC Deportivo, "A liga é divertida" que lucirá desde hoxe, toda a tempada, nos pantalóns de xogo.