RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pasa a noite en Vitoria e regresa mañá directo a adestrar a Abegondo

Concluído o encontro en Anduva, o RC Deportivo pasa a noite en Vitoria e regresa mañá sábado pola mañá directo á Cidade Deportiva, para realizar un adestramento que arrancará a partir das 11:30 horas.

Será unha sesión de recuperación para os titulares ante o CD Mirandés, e máis intensa para o resto do cadro.

O luns 20 de xullo, o conxunto branquiazul finaliza a temporada en LaLiga SmartBank ante o CF Fuenlabrada en ABANCA-RIAZOR (21:00 horas).