RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor pon o punto efinal á semana cun adestramento en Abegondo

O primeiro equipo puxo esta mañá en Abegondo o punto e final a unha semana estraña, sen fútbol ligueiro debido ao adiamento onte venres do choque ante o Betis en Riazor.

Con todos os futbolistas no campo excepto o meta Davy Roef, que quedou no ximnasio co readaptador Fran Molano, o equipo quentou motores ao fútbol tenis. A continuación, xa con Gaizka Garitano á fronte, houbo un exercicio defensivo no campo 3. Un traballo de potencia aeróbica puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Ola John continuou a súa posta a punto e, así, realizou unha parte da sesión con José Ángel Franganillo e a outra parte co grupo.

Laure, con molestias na pantorrilla dereita, Navarro, cunha contusión nunha cella, e Juanfran, con algunha molestia no seu xeonllo esquerdo, retiráronse antes aos vestiarios.

Mañá domingo haberá xornada de descanso. O plantel, incluído xa Fayçal Fajr, está convocada de novo en Abegondo o luns 6 de febreiro ás 17:00 horas.

A próxima cita ligueira será o sábado 11 de febreiro en San Mamés ante o Athletic Club (18:30, Bein Sports).