RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ponse xa a preparar a visita da SD Logroñés a ABANCA-RIAZOR

Sen descanso esta semana dada a data da visita da SD Logroñés a ABANCA-RIAZOR, este venres 1 de outubro ás 21:00 horas (Footters), o Deportivo xa está a preparar o devandito partido correspondente á 6ª xornada en Primeira RFEF.

Onte en rolda de prensa, Manuel Pablo, técnico do Xuvenil A e un dos futbolistas históricos da etapa dourada do Club, aseguraba ante os medios de comunicación que no que vai de temporada aprecia un Deportivo "moi forte, moi competitivo, que é difícil gañarlle". Cre que o equipo branquiazul ten "as ideas moi claras, sabendo que é un equipo forte. Sabemos que é longo e que ninguén che regala nada, pero vin moito compromiso, moita competitividade entre todos os xogadores, un equipo moi compacto".

E hoxe, após un quecemento e uns rondos, Borja Jiménez ordenou como tarefa principal da mañá un exercicio táctico no Campo 2. A continuación, consciente de que hai pouco tempo de descanso, os titulares o pasado domingo no Estadio Reina Sofía non participaron na última tarefa de fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Pablo Trigueros e Aguirre, hoxe no seu domicilio cun proceso vírico, non se adestraron co grupo. Trilli realizou a primeira parte co resto dos seus compañeiros tal e como estaba pautado polos Servizos Médicos, e logo continuou a sesión no ximnasio e cos fisioterapeutas. Do canteirán falou en rolda de prensa outro canteirán, Diego Villares, quen pediu paciencia para o seu regreso: "Tampouco hai que meterlle tanta présa agora que xa levamos semanas sen el. Non é primordial que chegue para este venres, que se recupere ben e chegue ao resto de partidos ao cento por cento".

Con Yeremay de viaxe a Polonia co Xuvenil A para debutar na UEFA Youth League, o meta Alberto e Noel foron a representación de #ANOSACANTEIRA no adestramento de hoxe.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30, con almorzo na instalación ás 09:00 horas e traballo preventivo antes de saltar ao céspede.