RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor prepárase para El Molinón cun partido once contra once

Un partido once contra once foi a tarefa principal do Deportivo esta mañá no campo 2 de Abegondo. Para iso, o técnico deportivista contou tamén coa participación dos fabrilistas Pedro López, Quique Fornos e Víctor.

Natxo González, que á primeira hora se reuniu co seu cadro por espazo de 30 minutos na sala de vídeo, comezou así a preparar tácticamente aos seus futbolistas para o partido deste domingo 27 de xaneiro en El Molinón ante o Sporting de Gijón (18:00 horas, Movistar Partidazo).

A mañá arrancou cun quecemento e un exercicio de posesión.

Non estiveron hoxe co grupo Pedro Sánchez, Krohn-Dehli e Saúl, á espera este de coñecer o alcance exacto das molestias que sufriu onte nos isquiotibiais da súa perna dereita.

Mañá venres 25 de xaneiro, o equipo adestrarase de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.