RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor puxo hoxe o punto e final a unha semana sen competición ligueira

O Deportivo puxo esta mañá o punto e final a unha semana sen fútbol debido á expulsión do CF Reus, e dedicada por conseguinte a limpar a mente e á recuperación física de varios futbolistas, caso de Carlos Fernández, xa na etapa de readaptación, é dicir, no paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Hoxe venres ademais quedaron no vestiario, cun traballo específico: Pedro Sánchez, Quique González, Edu Expósito, Pablo Marí; e os lesionados Krohn-Dehli e Nahuel. David Simón, con permiso, non se adestrou esta mañá.

Sen tensión competitiva estes días, os técnicos trataron de que os futbolistas recuperasen o ánimo trala primeira derrota en ABANCA-RIAZOR. Así, esta semana houbo moitos xogos de técnica, sen traballo táctico, nin estratexia.

Para os dispoñibles, após un quecemento e uns rondos, Natxo González dispuxo un exercicio de posesión e un partido a medio campo no campo 2 da Cidade Deportiva.

Mañá sábado e o domingo haberá xornada de descanso. O Dépor regresa aos adestramentos o luns 18 de marzo ás 11:00 horas, xa coa mente posta na visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR, prevista para o venres 22 de marzo (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).