RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor rebaixa a carga física a dous días do choque ante o Leganés

Como é habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo, cos fabrilistas Óscar, One e Francis, rebaixou esta mañá en Abegondo a carga de traballo do adestramento.

Así, após un quecemento e uns rondos, só os atacantes ensaiaron o disparo a portería no campo 3 da Cidade Deportiva.

Ximnasio e masaxe cos fisioterapeutas completaron o traballo de hoxe nunha mañá tranquila que transcorreu sen contratempos.

Mañá venres 8 de decembro, o equipo adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR a partir das 11:00 horas, a porta pechada. Será a última sesión antes do partido deste sábado 9 de decembro (18:30 horas, Bein LaLiga) ante o CD Leganés, correspondente á 15ª xornada de LaLiga Santander.