RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor recibirá ao CA Osasuna en ABANCA-RIAZOR na segunda eliminatoria de Copa, no cruzamento máis repetido de #anosahistoria

O Deportivo medirase ao Club Atlético Osasuna na segunda eliminatoria da Copa do Rei, que se xogará o próximo 14, 15 ou 16 de decembro a partido único en ABANCA-RIAZOR, ao ser o equipo navarro de superior categoría.

O CA Osasuna marcha actualmente décimo en Primeira División con 20 puntos, a 4 da zona europea.

Na primeira eliminatoria, o Dépor eliminou ao UCAM Murcia CF (3-4) mentres que o CA Osasuna fixo o propio co CF San Agustín del Guadalix (0-4) de categoría Preferente.

Esta eliminatoria converterase na máis repetida na historia copeira do Dépor, pois até agora o CA Osasuna cruzouse no camiño dos branquiazuis en oito ocasiones, as mesmas que o Valencia CF e unha máis que RCD Espanyol e RCD Mallorca.

Nas oito anteriores ocasións, o Deportivo saíu vencedor en 6 por 2 clasificacións pamplonicas. Con esas 6 vitorias, o CA Osasuna é o equipo ao que máis veces eliminou o Dépor no torneo do KO, por riba das 5 ante Pontevedra CF, CD Lugo e RCD Mallorca.

Estes son todos os precedentes entre Dépor e Osasuna na Copa:

1932-33 (1/8 de final)
OSASUNA 5 (Iturralde -4- e Paco Bienzobas) - DEPORTIVO 2 (Chacho -2-)
DEPORTIVO 5 (Paco León -2-, Triana, Fariña e Chacho) - OSASUNA 0

1947-48 (5ª rolda a partido único)
DEPORTIVO 5 (Paseiro -3-, Polo e Guimeráns) - OSASUNA 2 (Gorraz e Villita) após prórroga

1955-56 (1/8 de final)
DEPORTIVO 1 (Irusquieta) - OSASUNA 2 (Vila -2-)
OSASUNA 4 (Sabino -2-, Marañón e González) - DEPORTIVO 2 (Germán e Alvarito)

1991-92 (1/8 de final)
OSASUNA 3 (Cholo -2- e Aguilá) - DEPORTIVO 2 (Uralde -2, 1p-)
DEPORTIVO 1 (Mújica) - OSASUNA 0 (5-3 na quenda de penaltis)

1997-98 (1/8 de final)
OSASUNA 0 - DEPORTIVO 1 (Abreu)
DEPORTIVO 2 (Djalminha e Bassir) - OSASUNA 1 (Palacios)

1999-00 (1/8 de final)
OSASUNA 1 (Iban Pérez) - DEPORTIVO 0
DEPORTIVO 0 - OSASUNA 1 (Álex Fernández)

2005-06 (1/8 de final)
DEPORTIVO 3 (Munitis, Valerón e Scaloni) - OSASUNA 0
OSASUNA 2 (Iñaki Muñoz -p- e Romeo) - DEPORTIVO 1 (Víctor -p-)

2010-11 (1/16 de final)
OSASUNA 1 (Saúl) - DEPORTIVO 1 (Juanfran)
DEPORTIVO 2 (Riki e Lassad) - OSASUNA 1 (Lekić)

Estes son todos os emparellamentos da segunda eliminatoria da Copa do Rei 2021-22:

Segunda RFEF contra Primeira División
Atlético Mancha Real - Granada CF
Bergantiños CF - Rayo Vallecano de Madrid
CD Palencia Cristo Atlético - RCD Espanyol de Barcelona
UD Llanera - RCD Mallorca
CE Andratx - Sevilla FC
CD Arenteiro - Valencia CF

Primera RFEF contra Primeira División
Albacete Balompié - Cádiz CF
CD Atlético Baleares - Getafe CF
Zamora CF - Real Sociedad de Fútbol
Unionistas de Salamanca CF - Elche CF
RC Deportivo - CA Osasuna
CD Alcoyano - Levante UD
Atlético Sanluqueño CF - Villarreal CF
CF Talavera de la Reina - Real Betis Balompié
Linares Deportivo - Deportivo Alavés
FC Andorra - RC Celta de Vigo

Primera RFEF contra Segunda División
CF Rayo Majadahonda - Málaga CF
UD San Sebastián de los Reyes - CF Fuenlabrada
CyD Leonesa - CD Leganés
CD Castellón - FC Cartagena

Segunda División contra Segunda División
SD Huesca - Girona FC
SD Amorebieta - UD Almería
Real Sporting de Gijón - AD Alcorcón
SD Ponferradina - UD Ibiza
Real Zaragoza - Burgos CF
CD Tenerife - SD Eibar
Real Valladolid - UD Las Palmas
CD Lugo - CD Mirandés

Os gañadores destes 28 cruzamentos uniranse aos 4 participantes na Supercopa de España (Real Madrid CF, FC Barcelona, Club Atlético de Madrid e Athletic Club) para conformar os 32 equipos que disputarán os dezaseisavos de final.