RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa á competición con cinco adestramentos e partido o domingo

O Deportivo retoma a competición ligueira nunha semana con cinco sesións de traballo previstas desde mañá martes, todas elas matinais, e partido en Guijuelo o domingo 22 de novembro (17:00 horas, Footters).

Nun principio todos os adestramentos serán en Abegondo, aínda que o corpo técnico branquiazul baralla a posibilidade de trasladar algún deles ao campo de O Monte en San Tirso de herba sintética posto que a superficie do Estadio Municipal de Guijuelo é deste tipo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 17 de novembro
10:30 h.

Mércores 18 de novembro
10:30 h.

Xoves 19 de novembro
10:30 h.

Venres 20 de novembro
10:30 h.

Sábado 21 de novembro
10:30 h.

Domingo 22 de novembro
17:00: CD Guijuelo - Deportivo, no Estadio Municipal de Guijuelo.