RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa ao céspede cun adestramento de activación

O Deportivo regresou esta tarde en Abegondo aos adestramentos despois de dous días de descanso.

Por conseguinte, os técnicos branquiazuis dispuxeron hoxe dunha sesión de activación, de volta progresiva ao traballo xa de cara ao encontro deste sábado 20 de outubro no Nuevo Arcángel de Córdoba (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV), correspondente á 10ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Con Fede Cartabia e Dubarbier fóra do grupo; e Didier Moreno con Colombia, os futbolistas branquiazuis, co meta fabrilista Pedro López, comezaron cun quecemento e uns rondos; continuaron cun circuíto físico preventivo; e finalizaron cun exercicio de posesión de pelota.

Mañá martes, o cadro está citado en Abegondo ás 11:00 horas.