RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa ao traballo con Michael Krohn-Dehli no grupo

Tralo día de descanso de onte luns, o Deportivo, hoxe cos fabrilistas Diego Villares e Álex Cobo, comezou esta mañá a preparar a próxima cita ligueira, a visita do Real Oviedo ao Estadio ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 13ª xornada en LaLiga 1|2|3.

A boa noticia do día protagonizouna Michael Krohn-Dehli. O internacional danés, aínda sen a alta médica, completou toda a sesión con normalidade. Adestráronse á marxe Pedro Sánchez e Dubarbier, este ás ordes do readaptador, Fran Molano.

Os futbolistas branquiazuis arrancaron a mañá cun traballo de forza. A continuación, no campo 2, Natxo González dispuxo dunha serie de partidos a tres cuartas partes de campo co cadro dividido en 3 equipos de 7 xogadores.

Mañá mércores haberá unha nova sesión de traballo, ás 11:00 horas na Cidade Deportiva.