O Dépor regresa esta noite e adestrarase de novo o luns en Abegondo
Unha vez concluído o partido no Estadio Sánchez Pizjuán, o Deportivo emprende viaxe de regreso, en voo chárter directo ao Aeroporto da Coruña.
Pepe Mel citou aos seus futbolistas de novo en Abegondo o luns 10 de abril ás 10:30, para comezar a preparar xa a visita do Málaga a Riazor, prevista para o sábado 15 de abril ás 13:00 horas (Bein Sports).
O plan de viaxe de regreso é o seguinte:
Sábado 8 de abril 18:30: Sevilla - Deportivo, no Ramón Sánchez Pizjuán 22:30: Saída do voo chárter de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña
Domingo 9 de abril 00:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña