O Dépor regresa mañá luns vía Madrid directo a adestrar a Abegondo
Finalizado o choque en La Romareda, o Deportivo desprázase por estrada a Madrid para, mañá luns, viaxar en avión á Coruña.
Fernando Vázquez dirixirá unha sesión de adestramento nada máis aterrar o avión no Aeroporto da Coruña, sobre as 12:00 horas.
O plan de regreso é o seguinte:
Domingo 23 de febreiro Traslado en autocar a Madrid desde A Romareda 22:00 (horario aproximado): Chegada ao Hotel Tryp Madrid Airport Suites
Luns 24 de febreiro 10:15: Saída do voo do Aeroporto Adolfo Suárez-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña 11:30 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto da Coruña e traslado a Abegondo 12:00 (horario aproximado): Adestramento en Abegondo