RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor repasou conceptos tácticos cun partido no campo 3 de Abegondo

A sesión de adestramento desta mañá do Deportivo en Abegondo, cos fabrilistas Edu Expósito e Blas, arrancou no campo 2 da Cidade Deportiva cun roldo e quecemento técnico.

A continuación Cristóbal Parralo repasou conceptos tácticos no campo 3 cun partido once contra once, con todos os sentidos postos na visita deste domingo 19 de novembro ao Málaga na Rosaleda (12:00 horas, Bein LaLiga).

Para concluír o traballo sobre o céspede, xa de regreso ao campo 2, houbo fútbol en espazo reducido, co cadro dividido en 3 equipos. Foi un punto e final de alta intensidade.

Mañá sábado, o Dépor adestrarase no Estadio ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada que arrancará ás 10:30 horas.