RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor retoma o pulso á Liga

Pasada a LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera do mércores ante o Athletic Club e a xornada de descanso posterior, o cadro do Deportivo céntrase xa desde esta mañá no próximo partido de liga, este luns 19 de novembro en Almería (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

A novidade no campo foi a presenza de Pedro Sánchez, que encara a recta final da súa recuperación ao realizar a primeira parte da sesión co grupo.

O outro futbolista tocado, Dubarbier, adestrouse co readaptador, Fran Molano.

Esta mañá os futbolistas branquiazuis, hoxe tamén co meta fabrilista Pedro López, realizaron, tralo quecemento, rondos; unha tarefa de mecanismos de ataque para centrocampistas e dianteiros, e á vez un exercicio de posesión para os defensas; e, para concluír no céspede, fútbol con 3 porterías.

Mañá sábado, o equipo adestrarase de novo na Cidade Deportiva ás 11:00 horas.