O Dépor suspende o adestramento por un positivo de COVID-19
O Deportivo suspendeu o adestramento desta mañá en Abegondo após detectarse o positivo dun dos seus futbolistas por COVID-19.
O xogador, que non presenta síntomas, foi illado inmediatamente.
Comunicado xa a saúde pública da Xunta de Galicia para que active tamén os seus procedementos, o futbolista continuará en situación de illamento e todos os seus compañeiros de cadro e técnicos realizarán novos tests esta mesma mañá.