RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor traballou hoxe venres a posesión e a presión

Rubén de la Barrera fixo especial fincapé no xogo de posesión e na presión na sesión matinal de hoxe venres 19 de marzo en Abegondo.

O técnico deportivista dispón de dúas semanas para preparar a visita do Zamora CF a ABANCA-RIAZOR do domingo 28 de marzo ás 12:00 (TVG) e dedica cada xornada de traballo a corrixir e mellorar diferentes aspectos do xogo.

Preguntado na sala de prensa esta mesma mañá se ao equipo vénlle ben este parón na competición, Keko manifestou que "non sei se ben ou mal. A outra vez paramos un par de semanas, xogamos contra o Pontevedra CF e foinos ben. Agora a enerxía que temos é positiva pero iso non asegura nada. Confiemos en que para o partido ante o Zamora CF a enerxía siga sendo igual de positiva".

Un partido puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede, hoxe con Héctor, Lara, Celso Borges, Derik e Mujaid con traballo específico á marxe do grupo.

Finalmente os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez e David Suárez adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá sábado, o Dépor adestrarase en Abegondo a partir das 10:30 horas para poñer punto e final unha semana sen fútbol de competición.