RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor visitará ao Arenteiro o venres 20 de agosto

O RC Deportivo continúa sumando encontros amigables á pretemporada 2021-2022. A pouco máis dunha semana para o comezo da competición o Dépor visitará ao CD Arenteiro no seu campo de Espiñedo (O Carballiño).

O choque xogarase o venres 20 de agosto a partir das 19:00 h. e será retransmitido en directo pola canle de Youtube do Club grazas ao patrocinio da firma coruñesa Integralmotion.es.

O calendario confirmado de pretemporada do Deportivo é o seguinte:

RC Villalbés 1 - RC Deportivo 2 (De Vicente e Miku)
Viveiro CF 0 - RC Deportivo 4 (Alberto Quiles -2-, Héctor e Gandoy)
Bergantiños FC - RC Deportivo, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas
RC Deportivo - SD Ponferradina, domingo 8 de agosto, 20:00 h. ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)
RC Deportivo - Real Madrid Castilla, domingo 15 de agosto, 19:00 h. ABANCA-RIAZOR
CD Arenteiro - RC Deportivo, venres 20 de agosto, 19:00 h. Espiñedo