RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor volve ao traballo, con máis intensidade para os que non foron titulares ante o Barça

Os futbolistas que non foron titulares onte ante o FC Barcelona tiveron esta mañá unha esixente sesión de adestramento en Abegondo. Guilherme xa realizou unha parte con este grupo e dá un paso máis na súa recuperación. Pepe Mel incidiu na posesión, os remates a portería e, para acabar, dispuxo dun partido en espazo reducido, de alta intensidade.

Para os xogadores que actuaron de inicio onte en Riazor ante o cadro culé, a sesión foi de recuperación, cun quecemento sobre o campo, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Sidnei segue con tratamento médico e de fisioterapia. Hoxe quedaron no vestiario Çolak, con molestias no seu nocello esquerdo; e Lux, por cansazo muscular.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo retomará os adestramentos o mércores 15 de marzo ás 10:30 en Abegondo.