RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor, xa con Noel, regresou ao traballo con menos carga para os titulares o pasado domingo en Tudela

O Deportivo, xa co internacional sub-19 Noel no céspede de Abegondo, regresou aos adestramentos despois do día de descanso de onte luns e coa mente centrada na visita ao CD Calahorra do próximo sábado 11 de setembro no Estadio de La Planilla (17:00 horas, Footters), en partido correspondente á 3ª xornada en 1ª RFEF.

Os futbolistas que actuaron de inicio o pasado domingo en Tudela realizaron co grupo un quecemento e un exercicio de fútbol reducido con porterías pequenas.

A continuación, completaron a xornada con estiramentos e tarefas de recuperación no ximnasio e na padiola dos fisioterapeutas.

Os demais membros do cadro continuaron cun partido en espazo reducido, de alta intensidade.

Non estiveron co grupo os lesionados Valín, Menudo e Trilli; nin Celso Borges, que xogou onte os noventa minutos coa súa selección, Costa Rica, no segundo dos partidos do octogonal da CONCACAF rumbo a Qatar 2022. O choque acabou en vitoria mexicana pola mínima (0-1). A seguinte cita do combinado 'tico' nesta rolda clasificatoria será mañá mércores 8 de setembro en San José (17:00 hora local, 1:00 do xoves 9 en España) fronte a Xamaica.

Alberto e Yeremay, ademais do citado Noel, foron a representación de #ANOSACANTEIRA na sesión de hoxe.

Mañá mércores 8 de setembro o Dépor adestrarase de novo ás 10:30 na Cidade Deportiva. Antes, os futbolistas almorzarán ás 9:00 no comedor da instalación branquiazul.