RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O deportivismo arroupará a #ASNOSAS e #OSNOSOS en Oviedo e Cádiz

A afección deportivista alentará a #ASNOSAS e #OSNOSOS este sábado 22 de decembro, nos seus respectivos compromisos en Oviedo e Cádiz.

Ao redor dun centenar de afeccionados branquiazuis estarán xunto ao Deportivo ABANCA na esperada cita fronte ao Real Oviedo (11:45 horas) en El Requexón, con motivo da 13ª xornada do grupo 1 de Segunda División.

Despois de 12 partidos, ambos os equipos marchan na cabeza con 34 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +69 por +46 das ovetenses.

O Club, como en anteriores ocasións co primeiro equipo, custea o desprazamento a todos os seguidores que adquiriron a súa entrada a través da OAD.

Outro centenar de deportivistas estará unhas horas máis tarde animando ao seu equipo no Estadio Ramón de Carranza de Cádiz, onde o Dépor enfróntase ao conxunto local (20:45 horas) en encontro correspondente á 19ª xornada de LaLiga 1|2|3.