RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca B cae e deixa só ao Infantil A en competición oficial

Unicamente un equipo de #ANOSACANTEIRA tivo competición oficial esta fin de semana: o Deportivo Abanca B (Copa de Primeira División).

O conxunto deportivista igualou (0-0) e, por conseguinte, non puido remontar ao Victoria FC de Santiago o 3-0 en contra da ida, nas semifinais da Copa Feminina de Primeira División.

O outro equipo que si continúa en competición oficial, o Infantil A, volveu gañar o pasado xoves 15 de xuño en Abegondo ao Coruxo (3-2), co pase xa garantido á Fase Final da Copa Galicia da Liga Galega, tras o 0-7 da ida en Vigo. Será na Estrada a próxima fin de semana.

Cos dous equipos xuvenís e os dous de cadetes xa de vacacións, e o Infantil B de descanso esta fin de semana, tiveron torneo amigable: Infantil A en Cerdanyola; Alevín A en Vilarreal; Alevín B nas Pontes e Abanqueiro; Benxamín A en Vilagarcía; e Benxamín B en Abanqueiro e As Pontes.

Os resultados dos partidos oficiais foron os seguintes:

Categoría feminina
Copa Feminina Primeira División, semifinais, volta: DEPORTIVO ABANCA B 0 - VICTORIA FC 0. Na ida: 0-3

Categoría infantil
Copa Galicia da Liga Galega, cuartos de final, volta, xogado o pasado xoves: INFANTIL A 3 (Padín e Jorge -2-) - CORUXO 2. Na ida: 7-0