RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B, con Miralles como estrela, gana en Tordoia

O Deportivo ABANCA B sumou tres novos puntos en Tordoia (0-3), en partido da 13ª xornada da Primeira Autonómica Feminina, grazas aos goles de Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero; e grazas á actuación da porteira deportivista Miralles, que freou con éxito as acometidas do equipo local.

Este resultado deixa ao Deportivo ABANCA B terceiro na táboa con 29 puntos.

Deportivo ABANCA B: Miralles, Ainhoa, Sofía, Noe, Alba Pérez, Ari, Antía, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Sara Iglesias e Vero. Tamén xogaron: Lara, Mar, Alba Martínez e Carmen.

O vindeiro domingo 10 de decembro, o Deportivo ABANCA B recibe en Arteixo ao Milagrosa.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Alba Suárez e Vero) - Orzán 0
Valladares 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías 0
Umia 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Vero, Sara Iglesias, Lidia e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3-, Ari e Alba Suárez) - EFM Concello de Boiro 1
Torre 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Sara Iglesias)
Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Alba Martínez e Lidia) - Victoria FC B 2
Atlético Arousana 5 - Deportivo ABANCA B 3 (Vero, Lidia e Ari)
Deportivo ABANCA B 5 (Vero -3- e Alba Suárez -2-) - Victoria CF B 0
SD Val 0 - Deportivo ABANCA B 0
UD Mos 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Michelle e Mar)
Deportivo ABANCA B 5 (Alba Suárez -2-, Alba Pérez, Ainhoa e Michelle) - Sárdoma B 3
Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Pérez, Sara Iglesias e Vero)