O Deportivo Abanca B foi capaz de remontar o resultado adverso da ida e clasificouse para as semifinais da Copa Feminina de Primeira División.
En Arteixo, hai unha semana, impúxose o Torre (0-1). Hoxe, na Cidade Deportiva da Torre, gañou o Dépor Abanca B (0-2).
Primeiro, Raña igualou a eliminatoria e Alba, no minuto 84, marcou o tanto que significaba o pase do cadro deportivista.
Deportivo Abanca B: Merchi, Laura, Pauli, Noe, Ainhoa, Cape, Doce, Ari, Raña, Alba e Vero. Tamén xogaron: Malena, Michelle, Marta, Karina e Natalia.
O Victoria FC de Santiago, verdugo do Milagrosa, será o rival deportivista en semifinais, tamén a ida e volta.
Os resultados do Deportivo Abanca B nesta competición copeira son os seguintes:
Oitavos de finalVictoria CF B 0 - Deportivo Abanca B 5 (Natalia -3-, Vero e Doce)
Cuartos de finalIda: Deportivo Abanca B 0 - Torre 1Volta: Torre 0 - Deportivo Abanca B 2 (Raña e Alba)