O Deportivo ABANCA B tira de oficio para derrotar ao Lóstrego CF
O Deportivo ABANCA B tirou de oficio (2-4) para derrotar ao Lóstrego CF en partido correspondente á 10ª xornada en Primeira Nacional.
A pesar da súa mocidade, circunstancia innata á súa condición de filial, as branquiazuis souberon ler o partido mellor que as súas rivais, que tamén transitan na parte alta da clasificación.
Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela foron as autoras dos goles nun partido no que o Dépor ABANCA B foi sempre por diante no marcador.
Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Abril Pazos, Paula Novo, María Calvo, Elena Vázquez, Marta Rico, Carmen Carballada, Tati, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e Noela. Tamén xogaron: Laura Otero, Laura Testa, Elena López 'Cusi' e Lucía Rivas.
A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Kevin Cabado recibe en Abegondo ao UD Llanera.
Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0 Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0 Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati) Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1 Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-) Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0 Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0 Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1 Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)