O Deportivo ABANCA B xa ten calendario no grupo 1º de Primeira Nacional, subgrupo A.
Os rivais das deportivistas son: Sárdoma CF, Victoria CF, Umia CF, Atlético Arousana, Viajes InterRías FF, CD Valladares, UD Mos e Victoria FC.
O sistema de competición está dividido en 3 fases. Na Primeira Fase os clubs participantes enfrontaranse a dobre volta mediante o sistema de puntos.
O Deportivo ABANCA B arranca a competición o 18 de outubro en Abegondo ante o Umia CF e concluirá tamén na Cidade Deportiva fronte ao Victoria CF, o 21 de marzo de 2021, nun dos 2 derbis coruñeses previstos nesta primeira parte da competición. O outro derbi será na Coruña o 10 de xaneiro (xornada 9ª).
Os 3 primeiros accederán á Segunda Fase para o título de Campión de Grupo e Acceso á Fase de Ascenso mentres que os clasificados nas restantes posicións accederán á Segunda Fase pola Permanencia en Primeira División Nacional.
Os puntos obtidos, así como os goles, tanto a favor como en contra, arrastraranse á seguinte fase. Como o grupo 1º é de 17 equipos, calcularase o coeficiente, sendo este mesmo o que se arrastre ás fases específicas.
Na Segunda Fase polo Título de Campión, os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Primeira Fase.
A clasificación realizarase mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final con arranxo aos puntos obtidos por cada un dos clubs contendentes, a razón de 3 puntos por partido gañado, 1 por empatado e 0 por perdido, aos que se engadirá o coeficiente, así como os goles en prol e en contra e os resultados obtidos na Primeira Fase. O primeiro equipo clasificado obterá o título de Campión de Grupo.
Os 7 campións de grupo e o mellor segundo dos 7 grupos, calculado por sistema de coeficientes, accederán á Fase de Ascenso a Segunda División RFEF, con eliminatoria a dobre partido. Os emparellamentos realizaranse por sorteo puro sendo a orde de campos o propio da extracción das bólas e ascenderán os 4 vencedores desta eliminatoria.
Na Segunda Fase pola Permanencia participan os clubs clasificados nos postos do 4º ao último do subgrupo A. Os equipos que participaron no subgrupo A enfrontaranse, a dobre volta, aos que participaron no subgrupo B non podendo, en ningún caso, enfrontarse aos equipos que participaron no seu mesmo subgrupo da Primeira Fase.
A clasificación realizarase mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final con arranxo aos puntos obtidos por cada un dos clubs contendentes, a razón de 3 puntos por partido gañado, 1 por empatado e 0 por perdido. A estes engadirase o coeficiente, así como os goles en prol e en contra e os resultados obtidos na Primeira Fase.
Descenderán a categoría territorial os 5 últimos de grupo e os 3 equipos con peor coeficiente de entre os dous sextos clasificados do grupo 1 e 2 e os catro quintos clasificados do grupo 3, 4, 5 e 7.
O calendario do equipo deportivista na Primeira Fase, subgrupo A, é o seguinte:
Xornada 1 (18/10/2020) | Xornada 10 (17/01/2021) |
Deportivo ABANCA B | Umia CF |
Xornada 2 (25/10/2020) | Xornada 11 (24/01/2021) |
Viajes InterRías FF | Deportivo ABANCA B |
Xornada 3 (08/11/2020) | Xornada 12 (31/01/2021) |
Deportivo ABANCA B | Victoria FC |
Xornada 4 (15/11/2020) | Xornada 13 (07/02/2021) |
UD Mos | Deportivo ABANCA B |
Xornada 5 (22/11/2020) | Xornada 14 (21/02/2021) |
Deportivo ABANCA B | CD Valladares |
Xornada 6 (06/12/2020) | Xornada 15 (28/02/2021) |
Atlético Arousana | Deportivo ABANCA B |
Xornada 7 (13/12/2020) | Xornada 16 (07/03/2021) |
Descanso | Descanso |
Xornada 8 (20/12/2020) | Xornada 17 (14/03/2021) |
Deportivo ABANCA B | Sárdoma CF |
Xornada 9 (10/01/2021) | Xornada 18 (21/03/2021) |
Victoria CF | Deportivo ABANCA B |