RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo Abanca carga baterías nunha segunda semana sen competición ligueira

O Deportivo Abanca volverá a competición no Grupo 1º da Segunda División Nacional o vindeiro domingo 23 de abril, coa visita ao Tordoia, en partido pertencente á xornada 25, penúltima de liga.

Manu Sánchez, técnico deportivista, planificou tres adestramentos, todos eles matinais, e moito descanso nesta Semana Santa. O obxectivo é encarar en plenitude de forma os dous últimos compromisos ligueiros.

O plan semanal do equipo branquiazul é o seguinte:

Luns 10 de abril
10:00: Adestramento en Arteixo

Martes 11 de abril
10:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 12 de abril
10:30: Adestramento en Abegondo

A continuación haberá descanso para o cadro deportivista ata o luns 17 de abril.

O Deportivo Abanca marcha segundo do grupo con 59 puntos, a 5 puntos de distancia do Oviedo Moderno, líder con 64 puntos.