O Deportivo ABANCA comeza mañá martes en Abegondo os adestramentos de pretemporada
O Deportivo ABANCA, que pelexará de novo este ano polo ascenso á Liga Iberdrola, inicia mañá a pretemporada.
As futbolistas branquiazuis están citadas ás 19:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo, para afrontar unha semana con cinco sesións de adestramento:
Martes 18 de xullo 19:00: Adestramento en Abegondo
Mércores 19 de xullo 19:00: Adestramento en Abegondo
Xoves 20 de xullo 19:00: Adestramento en Abegondo
Venres 21 de xullo 19:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 22 de xullo 12:00: Adestramento en Abegondo
O Deportivo ABANCA conta con 22 xogadoras no seu cadro cara á Temporada 2017-2018: Anita, Malena e Sheila (porteiras), Cris, Miga, Miriam, Raquel, Silvia Mérida, Laura Vázquez e Patri Rúa (defensas), María Corral, Tere Abelleira, Kika Moreno, Lía, Gere e Iris (centrocampistas), Estefi, Nuria, Gaby García, Peke, Jone Bilbao e Sara (dianteiras).
Estes son o cinco partidos confirmados ata o momento para a pretemporada do primeiro equipo feminino deportivista:
5 de agosto: Deportivo ABANCA - Athletic Club (Estadio ABANCA-RIAZOR) 9 de agosto: Sporting Braga - Deportivo ABANCA (Braga, Portugal) 15 de agosto: Torneo Concello de Friol (A Reigosa, Friol) 26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)
A estes encontros hai que engadir os que disputará o equipo en Copa Deputación da Coruña, pendente de sorteo. As datas desta competición, da que o Dépor ABANCA é o actual campión, son as seguintes:
30 de xullo: fase previa 6 de agosto: oitavos de final 13 de agosto: cuartos de final 20 de agosto: semifinais 26 de agosto: final (23 de agosto no caso de que a dispute o Deportivo ABANCA)