RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA encara a primeira semana de liga

O Deportivo ABANCA inicia mañá martes a primeira semana de liga no grupo 1º da Segunda División Nacional. O seu rival será o Gijón FF, ao que visitará o domingo 3 de setembro ás 12:00 horas nos Campos Federativos de Roces (campo 2).

Para preparar o debut ligueiro, Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo catro adestramentos, segundo esta planificación semanal:

Luns 28 de agosto
Descanso

Martes 29 de agosto
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Mércores 30 de agosto
20:30: Adestramento en Abegondo

Xoves 31 de agosto
20:30: Adestramento en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Venres 1 de setembro
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 3 de setembro
12:00: Gijón FF - Deportivo ABANCA, nos Campos Federativos de Roces

Bo balance de pretemporada e unha campioa de Europa

Como positiva pódese valorar a pretemporada do Deportivo ABANCA, coa súa segunda Copa Deputación como principal logro.

Con rivais esixentes, entre eles varios 'primeiras' (Athletic Club, Sporting Braga de Portugal, Madrid CFF e Santa Teresa), o balance do equipo branquiazul é de 8 vitorias, 2 empates e 3 derrotas. As deportivistas anotaron 68 goles e recibiron unicamente 8 dianas.

A internacional venezolana Gaby foi a máxima realizadora, con 13 goles; Estefi e Sara marcaron 11 cada unha; e en terceira posición quedaron Jone e Peke, ambas as con 7 goles.

O verán deixou ademais unha nova condecoración eureopa. Nuria Rábano proclamouse campioa de Europa Sub-19, malia que unha lesión de nocello só deixoulle competir nos dous primeiros partidos do torneo.

Os resultados da pretemporada do Deportivo ABANCA foron estes:

30 de xullo: Deportivo ABANCA 17 (Jone, Ari -3-, Estefi -3-, Lía -2-, Sara -4-, Kika, Nuria, Patri e Gaby) - Torre 0
2 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación: Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA 18 (Kika, Jone, Estefi -3-, Sara -3-, Tere Abelleira, Gaby -6-, Cris e Alba -2-)
5 de agosto: Deportivo ABANCA 0 - Athletic Club 1
9 de agosto: Sporting Braga 3 - Deportivo ABANCA 1 (Gaby)
13 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación; Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 8 (Peke -4-, Sara, Kika, Gaby e Estefi)
15 de agosto: Torneo Concello de Friol, en formato '3 en 1'
Deportivo ABANCA 2 (Sara e Jone) - Victoria FC 0
CPM Friol 0 - Deportivo ABANCA 4 (Peke -2-, Gaby e Lía)
20 de agosto, semifinal da Copa Deputación: Tordoia 0 - Deportivo ABANCA 9 (Gaby -2-, Estefi -2-, Jone, Sara -2-, Peke e Lía)
23 de agosto, final da Copa Deputación: Deportivo ABANCA 3 (Jone -2- e Gaby) - Victoria CF 0
26 e 27 de agosto: XIV Memorial Manuel Fernández Faraldo (Cidade Deportiva da Torre)
Deportivo ABANCA 1 (Kika) - Madrid CFF 3
Santa Teresa 0 - Deportivo ABANCA 0
Deportivo ABANCA 4 (Estefi -2-, Jone e Laura) - Madrid CFF 0
Santa Teresa 1 - Deportivo ABANCA 1 (Kika)