RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA modificou o seu plan de traballo e adestrarase mañá venres ás 10:30

O Deportivo ABANCA variou esta semana o seu plan semanal de adestramentos.

Así, aproveitando a festividade de San Xosé de mañá venres, Manu Sánchez trasladou ás 10:30 o adestramento inicialmente previsto para as 17:30 horas.

Ao concluír a sesión, o técnico deportivista dará a lista de convocadas que o sábado ao mediodía desprazaranse por estrada a Logroño para medirse ao EDF Logroño o domingo 21 de marzo ás 12:00 no campo de Las Gaunas.

Manu Sánchez aproveitará mañá venres para comparecer ante os medios de comunicación, nunha rolda de prensa telemática ás 12.30 horas.