RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA ponse esta tarde en marcha de cara á visita do domingo ao CDE Racing Féminas

Despois dunha fin de semana sen fútbol debido ao parón ligueiro en Reto Iberdrola, o Deportivo ABANCA ponse en marcha esta tarde en Abegondo para comezar a preparar a visita ao CDE Racing Féminas do domingo 5 de decembro ás 12:30 no Municipal de Santa Ana en Torrelavega, correspondente á 11ª xornada.

As branquiazuis retoman a competición en segunda posición da táboa con 25 puntos, a dous puntos de distancia do líder, o FC Levante Las Planas.

Non estará hoxe en Abegondo Ainhoa Marín, concentrada coa Selección Española Absoluta Promesas (sub-23) para un amigable esta tarde na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) ante Noruega.

Miguel Llorente e o seu corpo técnico dispuxeron cinco sesións de adestramento na Cidade Deportiva, segundo esta planificación:

Luns 29 de novembro
17:00 h.

Martes 30 de novembro
17:00 h.

Mércores 1 de decembro
Descanso

Xoves 25 de novembro
11:30 h.

Venres 26 de novembro
11:30 h.

Sábado 27 de novembro
11:00 h.

Domingo 28 de novembro
12:30: CDE Racing Féminas - Deportivo ABANCA, no Municipal de Santa Ana (Torrelavega)