RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA recupera a Athenea para visitar este domingo en Valencia ao Levante UD

De novo cita con maiúsculas para o Deportivo ABANCA este domingo 8 de decembro na Cidade Deportiva de Buñol (18:30 horas, GOL) ante un dos históricos do fútbol feminino español, o Levante UD.

O choque, que corresponde á 12ª xornada na Primeira Iberdrola, enfronta ás terceiras na táboa con 22 puntos (as deportivistas), e ás cuartas con 19 puntos (as granotas). "Seguramente esteamos a ocupar o seu posto na táboa. Elas pelexarán por facer un bo partido alí e desbancarnos desta posición", advirte Manu Sánchez en rolda de prensa.

Manu Sánchez citou a 18 futbolistas, entre elas a canteirá Patri López, que viaxarán mañá sábado 7 de decembro á primeira hora da mañá e realizarán pola tarde, ás 18:30 na Cidade Deportiva da Valencia CF en Paterna, unha última sesión de preparación.

Perderase o choque por lesión Miriam, que é "unha baixa importante deportiva e no vestiario. Fíxose ao final cun sitio no once. Recuperamos ao resto de xogadoras. Hai algunha que outra molestia pero saberemos suplila ben", indica o técnico deportivista. Tamén apuntou que Patri Díaz anda con algunha molestia nun xeonllo e María Miralles foi operada nunha man.

Recupera iso si o Deportivo ABANCA a Athenea. A futbolista cántabra perdeuse os dous últimos partidos, ante FC Barcelona e Sevilla FC, por enfermidade.

O Dépor ABANCA viaxa mañá sábado 7 de decembro á primeira hora da mañá a Valencia, segundo esta folla de ruta:

Sábado 7 de decembro
09:20: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid
10:40: Chegada aproximada a Madrid
12:00: Saída do voo de Madrid con destino Valencia
13:05: Chegada aproximada a Valencia e aloxamento no Hotel Valencia Congress
18:30: Adestramento en Paterna, Cidade Deportiva da Valencia CF

Domingo 8 de decembro
18:30: Levante UD - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva de Buñol
Ao finalizar, viaxe de regreso en autocar á Coruña

Manu Sánchez citou de novo ao seu cadro o martes 10 de decembro ás 17:00 en Abegondo.