RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo ABANCA tampouco falla en Copa e dobrega ao Victoria FC en Santiago

O Deportivo ABANCA impúxose en Santa Isabel (Santiago) ao Victoria FC (2-4), en partido correspondente á 3ª xornada do grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional. Gaby, Peke, Carlota e María Calvo foron as goleadoras branquiazuis.

Ninguén pode coas deportivistas, a pesar de que as lesións obrigaron a Manu Sánchez a incluír até a 6 canteirás na convocatoria: Jessica, Patri López, María Calvo, Carlota, Laura Rivas e Sofía. Delas, as 4 últimas foron titulares e as 2 primeiras saltaron ao terreo de xogo na segunda metade.

O equipo de Manu Sánchez é unha apisoadora e só levantou o pé do acelerador con 0-4, circunstancia que aproveitou o Victoria FC para recortar diferenzas no marcador con 2 goles.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA lidera o grupo 1º da Copa Galicia de Segunda División Nacional con 9 puntos de 9 posibles. Segundo clasificado é o Atlántida de Matamá, con 6 puntos.

Deportivo ABANCA: Curbelo, Erika, Raquel, Laura Rivas, Cris, Iris, Yamamoto, Sofía, Carlota, Peke e María Calvo. Tamén xogaron: Patri López, Patri Díaz, Gaby, Jessica e Ali Muñoz.

A 4ª xornada neste grupo xogarase o vindeiro domingo 28 de abril, no que o Deportivo ABANCA recibirá en Abegondo ao Sárdoma Cf.

Os resultados do Deportivo ABANCA nesta Copa Galicia son os seguintes:

Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA 3 (Alba Merino, Kika e Lea)
Deportivo ABANCA 1 (Alba Merino) - Atlántida de Matamá 0
Victoria FC 2 - Deportivo ABANCA 4 (Gaby, Peke, Carlota e María Calvo)