RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo afronta o choque ante o Sevilla con todos os seus xogadores dispoñibles

O RC Deportivo afronta o encontro de mañá sábado 8 de abril (18:30, Bein Sports) no Estadio Sánchez Pizjuán ante o Sevilla con 20 futbolistas (entre eles 3 porteiros), con todos os seus xogadores dispoñibles.

Quedan na Coruña: Pedro Mosquera, sen alta médica; Fernando Navarro, lesionado nun sóleo; e Carles Gil, cunha sobrecarga na musculatura pélvica.

O adestramento desta mañá foi curto en duración, pero de alta intensidade. Tras un quecemento e uns rondos, houbo fútbol en espazo reducido. Unhas accións de remates a portería, desde diferentes posicións, puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Os convocados viaxan a Sevilla esta tarde, segundo este plan de viaxe:

Venres 7 de abril
18:00: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Sevilla
19:30: Chegada aproximada a Sevilla e aloxamento no Hotel Gran Meliá Colón

Sábado 8 de abril
18:30: Sevilla - Deportivo, no Ramón Sánchez Pizjuán
22:30: Saída do voo chárter de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña

Domingo 9 de abril
00:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Tras o partido no Sánchez Pizjuán, o equipo descansa o domingo 9 de abril, e regresa aos adestramentos o luns 10 ás 10:30 en Abegondo.