RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo gaña o amigable de Carballo ante un peleón Bergantiños (1-6)

O Deportivo impúxose (1-6) a un batallador Bergantiños esta tarde no campo das Eiroas (Carballo), no sexto amigable de pretemporada.

O partido foi de esixencia sobre todo na primeira parte, ante un rival deseñado para tentar volver xogar de novo esta temporada a fase de ascenso a Segunda División B; e nunha superficie, a herba sintética, estraña para o fútbol profesional.

Por este motivo, Pepe Mel dispuxo de dous onces case distintos en cada tempo.

Só repetiron Bicho e Francis, este definido como unha perla por Pepe Mel na rolda de prensa de onte venres. Foi quizais a envergadura do meta nixeriano co seu poder de intimidación a que de seguro influíu en que Piñeiro, capitán do Bergantiños, estrelase no traveseiro a pena máxima coa que foi castigado o Dépor aos dous minutos de xogo. Unha acción que chegou no tramo do partido de adaptación dos futbolistas branquiazuis á herba sintética.

Bruno Gama adiantou no marcador ao Dépor. Un exdeportivista, Rubén Rivera, de bonita xogada persoal, subiu o empate ao marcador, que desfixo Andone ao fío do descanso.

Na segunda metade, cun novo once, o equipo de Pepe Mel marcou diferenzas ante un rival xa esvaecido cos cambios. Borja Valle, Arribas, Emre Çolak e Bakkali anotaron para poñer o 1-6 definitivo.

Bergantiños: Cristopher, Rubén, Aarón, Josito, López, Marcos, Aitor Vilas, Garrido, Rivera, Piñeiro e Jorge Sáez. Tamén xogaron: Rodri, Nacho, Buggi, Miguel, Baleato, Alvite, Iago Blanco, Assier, Facal, Antas, Calviño e Álvarez.

Deportivo: Francis, Juanfran, Albentosa, Róber, Luisinho, Bicho, Guilherme, Mosquera, Bruno Gama, Fede Valverde e Andone.

Deportivo, segundo tempo: Francis, Borja Valle, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Bicho, Edu Expósito, Borges, Saúl, Emre e Bakkali.

Goles: 0-1, min. 14: Bruno Gama; 1-1, min. 41, Rivera; 1-2, min. 43: Andone; 1-3, min. 69: Borja Valle; 1-4, min. 79: Arribas; 1-5, min. 80: Emre Çolak; 1-6, min. 85: Bakkali.

Árbitro: Bruno Méndez Castro, do Colexio Galego.