RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo prepara as súas armas para tentar sorprender ao Real Madrid

O Deportivo, cun adestramento de alta intensidade no campo 3 da Cidade Deportiva de Abegondo, afía as súas armas para tentar sorprender ao Real Madrid no Estadio Santiago Bernabéu este domingo 21 de xaneiro ás 16:15 horas (Bein LaLiga), en encontro correspondente á 20ª xornada en LaLiga Santander.

Así, un exercicio de transicións de defensa-ataque foi a tarefa principal. Os defensores defendían en inferioridade numérica un contragolpe a cargo de centrocampistas e dianteiros.

Unha serie de partidos en espazo reducido, co cadro dividido en catro equipos, puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Adestráronse ás ordes de Cristóbal os fabrilistas Francis, Edu Expósito, One e Lucas. Hoxe quedaron no ximnasio e cos fisioterapeutas Albentosa, con molestias dorsais, e Fernando Navarro, cunha molestia nun nocello.

Mañá xoves, o Dépor está citado de novo ás 11:00 en Abegondo.