RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo tira de velocidade para conquistar o Trofeo Luis Otero (0-5)

O Deportivo adxudicouse a LVIII edición do Trofeo Luis Otero ao gañar ao Pontevedra en Pasarón (0-5), na presentación do equipo granate ante a súa afección.

O Dépor, superior tecnicamente ante un equipo de Segunda División B, mostrou ademais unha maior rodaxe que o seu rival, con apenas cinco sesións de adestramento ao lombo.

Así, a explosividad de xogadores como Fede Cartabia, Bruno Gama, Fede Valverde ou Zakaria Bakkali foi decisiva no primeiro tempo para poñer por diante ao Dépor, vantaxe xa insuperable para os granates.

Con outro amigable o xoves en Ferrol e o domingo en Porto, Mel dispuxo un once para os primeiros 70 minutos, e outro once para a recta final, no que só repetiron Rubén, Fernando Navarro e Bruno Gama.

A mala noticia foi a lesión de Florin Andone, substituído ao cuarto de hora de xogo a consecuencia dunha contusión no sóleo. Bakkali relevou ao internacional romanés na punta de ataque. O belga desequilibrou e foi unha continua dor de cabeza para a zaga pontevedresa.

Tras o descanso, co carrusel de cambios nun e outro equipo, o partido seguiu cos mesmos camiños. Debutou Fabian Schär, que fixo parella con Raúl Albentosa no centro da zaga.

As oportunidades seguiron sendo branquiazuis, con protagonismo de Borja Valle e de Bruno Gama, o pichichi da pretemporada.

Pontevedra: Edu, Miguel, David Castro, Goldar, Bruno, Kevin, David Añón, Mouriño, Echaniz, Álex Fernández e Álex González. Tamén xogaron: Jimmy, Anxo, Adrián León, Prosi, Carlos Ramos, Garrido, Lezcano, Juan e Jorge Hernández.

Deportivo: Rubén, Juanfran, Arribas, Sidnei, Fernando Navarro, Guilherme, Pedro Mosquera, Fede Valverde, Bruno Gama, Fede Cartabia e Andone (Bakkali, min. 15).

Deportivo, a partir do minuto 70: Rubén, Gerard Valentín, Albentosa, Schär, Fernando Navarro, Edu Expósito, Borges, Bicho, Emre Çolak, Bruno Gama e Borja Valle.

Goles: 0-1, min. 10: Fede Cartabia; 0-2, min. 35: Bakkali; 0-3, min. 53: Bakkali; 0-4, min. 78: Borja Valle; 0-5, min. 81: Bruno Gama.

Árbitro: José Antonio Fernández Rodríguez (colexio galego).