O equipo regresa esta noite e adéstrase o martes en Abegondo
Unha vez concluído o partido no Estadio da Cerámica ante o Villarreal CF, o Deportivo regresa á Coruña, vía Valencia.
Cristóbal Parralo citou de novo ao seu equipo o martes 9 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo, para comezar a preparar a visita da Valencia CF ao Estadio ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 13 de xaneiro ás 20:45 (Bein LaLiga), na xornada 19ª de LaLiga Santander.
O plan de regreso é o seguinte:
Domingo 7 de xaneiro 21:00: Saída en autocar ao Aeroporto de Valencia 23:00: Saída do voo do Aeroporto de Valencia con destino ao Aeroporto da Coruña
Luns 8 de xaneiro 01:00: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña