RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O equipo retoma os adestramentos o martes 8 en Abegondo

Tralo encontro desta tarde en ABANCA-RIAZOR ante o CD Lugo, o Deportivo comeza o martes 8 a preparar a seguinte cita ligueira, o sábado 12 de xaneiro en Son Moix ante o Real Mallorca (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV), en partido correspondente á 21ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Natxo González citou ao seu cadro ás 9:30 horas en Abegondo, nunha sesión que arrancará ás 11:00 horas.

Mañá luns 7 de xaneiro haberá xornada de descanso.