O equipo viaxa a Almería este domingo despois de adestrar en Abegondo
O Deportivo desprázase a Almería este domingo 18 de novembro, vía Málaga, para medirse o luns 19 (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ao conxunto andaluz en partido correspondente á 14ª xornada en LaLiga 1|2|3.
O regreso á Coruña será o martes pola tarde, vía Madrid, nun voo que ten previsto aterrar no Aeroporto da Coruña ás 20:40 horas.
O plan de viaxe do Dépor é o seguinte:
Domingo 18 de novembro 09:30: Adestramento en Abegondo 14:35: Saída do voo de Santiago con destino ao Aeroporto de Málaga 16:05: Chegada aproximada ao Aeroporto de Málaga e traslado en autocar a Almería 18:30: Chegada aproximada a Almería e aloxamento no hotel NH Almería
Luns 19 de novembro 21:00: Almería - Deportivo, no Estadio Juegos Mediterráneos
Martes 20 de novembro 11:00 (pendente de confirmación): Adestramento en Almería 17:30: Saída do voo do Aeroporto de Málaga con destino ao Aeroporto de Madrid - Barajas 19:40: Saída do voo do Aeroporto de Madrid-Barajas con destino ao Aeroporto da Coruña 20:40: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña