O equipo volve ao traballo mañá luns ás 11:00 en Abegondo
O Deportivo regresa aos adestramentos mañá luns 11 de marzo. Natxo González citou aos seus futbolistas ás 11:00 horas na Cidade Deportiva para un adestramento, que será de recuperación para os titulares ante a UD Las Palmas, e máis intenso para o resto.
O martes 12 de marzo haberá xornada de descanso nunha semana sen fútbol para o Dépor, que tiña que visitar ao CF Reus.