RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril adéstrase o xoves en Riazor para preparar a 'final' ante o Cacereño

O Fabril preparará o xoves ás 10:30 en Riazor a 'final' do próximo domingo, tamén no estadio (12:00 horas) ante o Cacereño, no partido de volta da Eliminatoria de Campións do Play Off de Ascenso. Tras o 0-0 na ida, hai que derrotar aos extremeños para subir a Segunda División B.

Os xogadores fabrilistas pisarán Riazor de novo tras o adestramento do pasado mércores 17 de maio tamén no estadio.

Ao finalizar a sesión, Cristóbal Parralo, técnico do filial, comparecerá ante os medios de comunicación.

Para o partido, o acceso é libre para todos os socios do Real Club Deportivo co seu carné e para todos os deportivistas que teñan a entrada do Dépor-Las Palmas do último partido de LaLiga. Estarán abertas as seguintes bancadas: Tribuna Inferior, Preferencia Inferior, Maratón Inferior e Pavillón Inferior. A entrada de público custa 10 euros e os socios poden compralas a 5 euros.