O Fabril consegue un importante triunfo ante o Rápido (2-1)
O Fabril e o Rápido de Bouzas enfrontáronse esta tarde na Cidade Deportiva de Abegondo nun importante duelo para que o equipo branquiazul se enganchase de novo á liga e abandonar o último posto da clasificación. Ambas as cousas pasaban por conseguir a vitoria ante o Rápido, un triunfo fraguado nun bo partido dos deportivistas e na efectividade no arranque do segundo tempo.
Após un primeiro tempo no que o dominio e as ocasións non se materializaron en goles, dous minutos de inspiración serviron para pór o 2-0 no marcador grazas ao remate de cabeza de Uxío na frontal da área pequena a centro de Víctor e un bo remate de Gandoy desde a frontal da área.
No último cuarto de hora o Fabril tratou de defender o resultado e un Rápido envorcado sobre a área local conseguiu recortar diferenzas cun gol de Blas en propia porta e meter o medo no corpo á parroquia deportivista pero sen lograr a igualada.
Con este triunfo o Fabril empata a puntos co equipo olívico, abandona o faroliño vermello e inxéctase moral de cara ao próximo partido en Pasarón contra o Pontevedra, o domingo a partir das 17:00 h.
Fabril: Cobo, Blas, Quique Fornos, One, Lucas Viñas, Carlos López, Víctor García, Gandoy, Montiel, Juanje e Uxío. Tamén xogaron: Pedro, Gaizka e Sáelles-Lamonge.
Así marcha a temporada do Fabril:
Internacional de Madrid 2 - Fabril 2 (Víctor -2-) Fabril 0 - Celta B 1 Fuenlabrada 1 - Fabril 0 Fabril 1 (May) - Ponferradina 2 Burgos 2 - Fabril 1 (Raúl González) Fabril 1 (Quique Fornos) - CF Salmantino 0 Guijuelo 1 - Fabril 0 Fabril 2 (Juanje e Montiel) - AD Unión Adarve 3 Fabril 0 - UD San Sebastián de los Reyes 1 Coruxo FC 1 - Fabril 0 Fabril 2 (Uxío e Gandoy) - Rápido de Bouzas 1