RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril FC Benxamín mostrouse cómodo ante a área rival

O Fabril FC Benxamín mostrouse ante o Victoria CF B (1-12) moi cómodo e efectivo na área rival.

Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos foron os autores dos goles branquiazuis neste partido correspondente á 5ª xornada na Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C.

Con este resultado, o equipo fabrilista lidera o grupo en solitario con 12 puntos de 12 posibles.

Fabril FC Benxamín: Roi, Jorge, David Ramos, Hugo Macedo, Jorge, Iván, Álvaro e Martín. Tamén xogaron: Roque e Javi Barral.

A próxima xornada, a fin de semana que vén, toca descanso para o Fabril FC Benxamín.

Os resultados do Fabril FC Benxamín até a data son os seguintes:

CF Deportivo Orzán A 1 - Fabril FC Benxamín 11 (Jorge -3-, Dani -3-, Javi -2-, Álvaro -2- e Martín)
Orillamar SD A 1 - Fabril FC Benxamín 6 (Javi Barral, David Ramos -2-, Martín -2- e Dani)
Fabril FC Benxamín 2 (Jorge e Marcos) - CD Calasanz A 1
Victoria CF B 1 - Fabril FC Benxamín 12 (Álvaro -3-, Martín -3-, Iván -2-, Javi, Jorge, Dani e David Ramos)